miércoles, 20 de noviembre de 2013

20 DE NOVEMBRO!

DECLARACION DOS DEREITOS DO NENO

Esta declaración recoñece ao neno e a nena como "ser humano capaz de desenvolverse física, mental, social, moral e espiritualmente con liberdade e dignidade".
Os seus 10 artigos fan referencia aos seguintes dereitos:
O dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión, idioma, nacionalidade, sexo, opinión política...
O dereito a ter unha protección especial para o desenvolvemento físico, mental e social.
O dereito a un nome e a unha nacionalidade desde o seu nacemento.
O dereito a unha alimentación, vivenda e atención médicos adecuados.
O dereito a unha educación e a un tratamento especial para aqueles nenos que sofren algunha discapacidad mental ou física.
O dereito á comprensión e ao amor dos pais e da sociedade.
O dereito a actividades recreativas e a unha educación gratuita.
O dereito a estar entre os primeiros en recibir axuda en calquera circunstancia.
O dereito á protección contra calquera forma de abandono, crueldade e explotación.
O dereito a ser criado cun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos e irmandade universal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario