sábado, 6 de junio de 2015

Visita ó CEP Ventín

Onte estivemos de visita no CEP Ventín para ir coñecendo o cole no que estaremos o curso que ven. Pasámolo moi ben e a medida que íamos descubrindo as partes do cole, íamos emocionandonos máis.

Coñecemos a profesores, puxémonos nos pupitres coma se xa forámos nenos de 1º de Primaria, vimos unha peli na sala de audiovisuais, a nosa futura profe de Ximnasia deunos clase no ximnasio, exploramos os corredores e baños (que agora van a ser separados nenos e nenas e están nos corredores!!!), chicas de 6º de Primaria contaronnos un conto na biblioteca e xogamos e merendamos no parque e no patio cos nenos e nenas de 1º de Primaria.

 Agradecémoslle a todolos profes e o dire do CEP de Ventín o ben que nos trataron e os regalos que nos deron. Pasámolo pipa e estamos desexando volver en setembro!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario